jueves, 3 de mayo de 2007

PORTISHEAD - "GLORY BOX"



Hoxe apetéceme poñer música de Portishead, grupo dos noventa que cada día me gusta máis. É un clásico que a medida que o tempo pasa fáise máis moderno. Teñen un estilo oscuro e pausado e as súas cancións son das que perduran.
Este “Glory Box” do seu disco “Dummy” é unha canción moi suxerente. É diferente pero ó mesmo tempo evoca sensacións coñecidas. É máxica e envolvente. É sensual, emocionante , atmosférica…
Pasan os anos e sego a escoitala pero nunca me defrauda . Non podo resistirme a súa saudade pero tamén a súa sofisticación.
Deixádevos hipnotizar pola docísima voz de Beth Gibbons e lembrade, soñade, voade… que non todo ía a ser rock and roll
Eu sempre me lembro de Icía cando escoito esta canción. A ela tamén lle encantaba. Vai para ela, tamém.
“Give me a reason to love you
Give me a reason to be a woman
I just wanna be a woman”

PEDESTAL:Portishead unofficial site en español

No hay comentarios: