martes, 1 de mayo de 2007

NO MUSEO con Ella Fitzgerald



Como quedáchedes todos tan ben nas fotos decidín colgarvos nas paredes dun museo.
Música: "Bewitched" (Enfeitizada) cantada por Ella Fitzgerald.
A canción fala de como nos engana ficar namorados. De como o amor nos desconcerta, nos enfeitiza, nos fai salvaxes, nos fai máis novos...
Mais ó final cando o romance e o encanto cesan."Cando esas formigas que invadían os meus calzóns cesan"... entón,un deixa,por fin de estaren máxicamente embruxado.
¡Que alivio pero que mágoa!(O de mágoa é cousa miña)
A voz de Ella Fizgerald se desliza tan sensualmente polos versos de esta canción que mesmo sen entender unha palabra de Inglés podemos deixarnos levar pola música sen máis.

2 comentarios:

María Rodríguez dijo...

Ola Aurora, como sempre unha posta escena preciosa.
maría

Aurora Jove dijo...

Alex,Teresa,... parece que non estades moi contentas coas vosas fotos que non articulades palabra!!!
Estades, virtualmente falando , ou non estades?
Alex, sei por Fernando que imos quedar no noso cole alá polo 22 de Maio para aprenderer cousas. Se alguén máis quere aínda está aberto o cupo ;-)