

Ainda non é o verán, pero a luz xa é tan branca que doe, e nas primeiras horas da mañá pódese oler o perfume do asfalto e sentir un frescor de mentira que dura nada.
Pola tarde, o aroma a allo, fritura e xamón o invade todo e búscase onde apagar a sede e refrescarse cos aires acondicionados que terminan por deixarte sen gorxa.
Pero me encanta ese Madrid das cancións, das ruas castizas, dos cafés e terrazas. Ese Madrid da noite cos seus rincóns e as súas risas.
Ás veces ese Madrid, tamén pode ser hostil... pero non hoxe.
![]() |
| Madrid-Mai |
*Este é o album web de Picassa. Podedes velo como presentación de diapositivas se queredes.
*Teresa, faltan algunhas fotos. Rúa dos Tres Peces e tal...
*Elena, as fotos de casa de Manuel están todas.

4 comentarios:
Que envexa de viaxe!!!!!!!!!!!!!!!!!
As fotos dos bares e escaparates fantásticas.
Non vin "momentos merenda", que pasou?
Envexa sinto eu da reportaxe gráfica.Eu viaxei sen cámara.
A casa de Manuel me gusta ,non me extraña o sacrificio".
Xa mangarei alguha foto para ilustrar a miña visita.
Por certo ,Aurora ....
Momentos merenda non, pero os momentos cea foron épico-gloriosos!!! Delicatessen a tope,María.
Alex,pilla as que queiras.
Supoño que acabarás este post en vivo i en directo hoxe comendo e tal...
Publicar un comentario