martes, 27 de marzo de 2007

Informe das Xornadas de Plástica??



Despois de comer un par de tapas en Coruña chegamos a Santiago, pazo de Congresos e Exposicións a unha hora prudente para poder inscribirnos. Pero cal é a nosa sorpresa que non nos deixan por non ternos preinscrito por mail ou mesmo por teléfono. Non houbo maneira de que nos admitiran ou polo menos nos permitiran asistir como ouvintes ás conferencias e iso que lles estaban a montar un pollo tremendo fora con pancartas reivindicativas os profes de plástica e tecnoloxía. Entérome o luns, no cole, por Fernando que finalmente non se celebraron .Toma!!
Así que a Alexandra mais eu nos tiramos para Santiago en plan protas de Sexo en Nova York e pasamos a tarde mercando compulsivamente. Saímos cargadas de bolsas con modelitos para a próxima vaga de calor que disque vai vir (Alexandra dixit). Xa a noitiña nos sentamos nun café a repoñer forzas e decidimos que ó día seguinte oficialmente seguíamos de xornadas así que como ninguén contaba con nós decidimos largarnos a algures: Pontevedra,Vigo,Allariz,Ourense… ó final nos decidimos por Ourense.
O sábado pola maña cedo me recolle Alex no Sousantos e nos tiramos á estrada en plan Thelma e Louise. Paramos no Mosteiro de Samos pero facía un frío que mataba polo que pasamos de culturizarnos e largamos para Ourense onde facía un sol espléndido e a rúa do Paseo estaba de bote en bote. Por suposto que continuamos coa tónica do día anterior e nos dedicamos a visitar zapaterías de Prada, tenda de Verino, bolsos de Adolfo Domínguez… Foi divertido pero non mercamos nada, of course. ainda había algo en Adolfo que nos probamos que case que facemos algo polo noso fondo de armario!
Ao mediodía buscamos para comer un restaurante que nos recomendara un amigo de Alex. Chámase A Taverna i é moi bo. Altamente recomendado se ides a Ourense .Nos tomamos unha ensalada tempada con catro tipos de queixo de cabra diferentes e de prato principal uns solomillos con foi e guarnición variada que nin vos conto .Esta vez non puidemos cos postres pero polo que estábamos a ollar prometían. Regamos todo cun bo Rioxa , por suposto! e rematamos cuns cafés de pota. Falamos e falamos e saímos de alí cuns coloretes tremendos, así que decidimos baixar o xantar paseando e mercando. A única visita cultural que fixemos foi á Catedral onde coincidimos cunha excursión do Inserso, era gratis . Por certo a Catedral preciosa e o Pórtico unha beleza. Dis que é anterior ó Pórtico da Gloria e o seu precursor.
Á noite decidimos voltar e nos perdimos un par de veces na saída pero ó final o conseguimos. O ceo pola autopista estaba cheo de estrelas e ata apagamos as luces , Alex eres unha kamicaze, para velas millor. Por certo hai unha que non sabemos si é Venus ou un satélite que está alí ,sempre colgado no mesmo sitio.Alex é da teoría do satélite. Se admiten outras e todo tipo de opinións.
Cando chegamos a Coruña estábamos cansas pero encantadas da vida. Ainda quedaba o domingo para repoñer forzas. A única pega foi que houbo que cambiar a hora e adiantar o reloxo. Merda! Unha hora menos de sono .

Prometo colgar fotos cando poda.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

un comentario:
Oseira con pan de Cea.
Albiricias! non podo pensar que o hados se ocuparan tan ben do meu despist"
Ben ,saimos millor coa organización da nosa visita a Santiago e Ourense que a conselleira pranificando xornadas para profes que non poden desenvolver o aprendido porque lles quita horas do currículum.
Pensades qué ten xeito, investir cartos nun profesorado ocioso ?Alex

Aurora Jove dijo...

Los hados non se enganaron,Alex porque habelos hailos e mira que ben o fixeron que lle foderon as Xornadas a certa personita e nos concederon un par de días de lecer e mercadurías varias.
O mércores se vas o gym pásame o CD que fago unha das miñas fotomontaxes e a colgo eiquí para documentar con imaxes todo isto.
Por certo o pan de Ceas taba boísimo!!

Aurora Jove dijo...

Xa che teño colgada na sección de enlaces a páxina de poesía árabe que nos mandaches. Thanks!

Aurora Jove dijo...

Perdón, é pan de Cea.

Anónimo dijo...

Penso que a ilustración é do máis representativa. Porque os nosos peiños sofren, vaia se sofren! E aínda non saben o que lles queda por pasar por exemplo indo a disfrutar das xornadas que ofrecen as ruas londinenses ou neoiorquinas.

Anónimo dijo...

Sabedes ben que eU teño moito interés nas xornadas de plástica e en non podendo ir preferin ameigalas,pero esas OUTRAS XORNADAS si que me dan envexa .
Noto en falta unha explicación máis polo miudo das compras.............
maria